Probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2021.

Condicións das persoas aspirantes.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

  3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/2021 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

  4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/2021 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

    • Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

    • Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas. Seguir lendo Probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional para o ano 2021.

GRAO MEDIO.

Requisitos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio ( artigo 6 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas): Seguir lendo Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional para o ano 2021.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

CONVOCATORIA. Convócanse para o curso académico 2020/2021, as seguintes axudas:

  • Axudas directas para os alumnos incluíndo aos afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior e que requiran estes apoios e atencións educativas específicas.

  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.

Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior.

  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Seguir lendo Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís para o curso 2020/2021.

Establécense as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Número de prazas

Lugo

Centro residencial xuvenil LUG

74 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 home/muller

Vigo

Altamar

87 home/muller

Requisitos xerais:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude.

  • Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

  • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 do ano da presente convocatoria.

Requisitos específicos para a mocidade estudante:

  • Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.

  • Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Solicitude:

As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios están obrigadas a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I

Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria (do 22/07/2020 ata o 21/08/2020).

Condicións económicas :

a) Cuarto dobre: 324 € por residente e mes.

b) Cuarto cuádruplo: 250 € por residente e mes.

Servizos ofertados :

Ademais dos servizos de aloxamento e mantenza, as residencias xuvenís ofrecen con carácter xeral os seguintes:

  • Aula de estudo-biblioteca.

  • Salas de xogos.

  • Televisión e vídeo.

  • Actividades culturais e deportivas.

  • Información aos pais e/ou ás nais ou ás persoas que sexan titoras legais sobre o comportamento do seu fillo ou da súa filla, cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten ou cando a dirección da residencia o considere necesario.

Máis información.

Información de interese a ter en conta como consecuencia da situación creada polo COVID-19.

Este artigo irase actualizando en función das decisións que vaian adoptando as autoridades competentes. A continuación detállase o fío de instruccións e documentos publicados referidos ao ámbito educativo, no contexto do COVID-19:

  • Publicación da Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. No que afecta ao sistema educativo, establécense os seguintes acordos:
    • restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

    • Modificación das instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.

    • Levantamento da suspensión da formación en centros de traballo correspondente aos estudos de formación profesional.

  • O martes 28/04/2020 a CIUG publica os modelos de exame para a ABAU 2020.

  • Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

  • Anuncio do aprazamento do proceso de admisión ás probas libres para a obtención dos títulos de FP no curso académico 2019/2020.

  • O luns 13/04/2020 anúnciase o aprazamento da proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, prevista para o 24 de abril.

  • O xoves 2/04/2020 anúnciase o aprazamento da celebración da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

  • O luns 30/03/2020 a Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo.

  • O mércores 24/03/2020 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o consenso alcanzado entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as diferentes comunidades autónomas para manter o calendario escolar e aprazar a ABAU.

    • consensuouse que as datas da ABAU para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

    • Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

  • No punto sétimo da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Máis información.

Información do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Dende o Centro Superior de hostelería de Galicia (CSHG) infórmannos que as probas de acceso para os canditatos/as a estudar algunha das titulacións do CSHG foron trasladas a un formato online e agora pódense facer calquera día da semana.

O proceso é similar ao anterior, só hai que cumprimetar unha preinscipción na web no seguinte enlace.

Pódese elexir cualquera día da semana ata agosto. O horario das probas é de 9 a 14.00 horas.

Ademáis se queredes coñecer en detalle o centro e a súa oferta educativa, organizan xornadas de portas abertas tanto personalizadas coma a grupos e colexios. Para iso só tedes que enviar un correo electrónico a info@cshg.es para pechar unha cita.

Xornadas da Universidade de Vigo

Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a Universidade de Vigo ten deseñadas unha serie de accións específicas entre as que cabe destacar a celebración de dúas xornadas con acceso libre a través da ligazón e a clave de acceso indicadas, dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou ciclos superiores de FP. Trátase da Xornada de Orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00h e as 19:30 h e da Xornada de Portas Abertas Virtual do día 14 de maio de 11:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h. No espazo da web #ConectaCoaUVigo podedes consultar a información polo miúdo destas e outras actividades.

Ademáis destas accións, a Universidade de Vigo tamén pon en marcha unhas sesións semanais, nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE (Sección de Información ao Estudante) a través de vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula. As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.

Novidades na oferta do SUG para o curso 2020/2021

A oferta do Sistema Universitario Galego (SUG) para o curso 2020/2021 incorpora novos títulos de grao e os primeiros graos abertos.

A oferta de prazas inclúe tres novos títulos de grao. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo,) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña).

Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).

Ademáis, o curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas no Campus da Coruña, o de Enxeñaría Industrial no Campus de Ferrol e o grao aberto 5USC Enxeñarías no Campus de Lugo).

Máis información.

Encontros virtuais da USC.

A pesar da situación de confinamento na que nos encontramos, dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

Máis información.