Para poder elixir é fundamental ter información previa.
No proceso orientador tamén.
Produto do momento que estamos a vivir neste curso 2019/20, dende o blogue artellamos este apartado específico para que teñas a información académica e profesional que precises, organizado para os cursos da ESO e BAC.
Esta información é unha presentación do máis importante a ter en conta e poderá ser completada coa persoa orientadora do teu centro; se tes calquera dúbida ou precisas algunha aclaración, acude ao departamento de orientación.
Tres recomendacións:
1. Seguir este apartado con alguén que poida acompañarte na túa decisión, para intercambiar suxestións, opinións ou aspectos a ter en conta.
2. Se algunha ligazón non funciona, proba a empregar outros navegadores.
3. É recomendable traballar con estas presentacións por partes, non tentar asimilar toda a información dunha soa vez.
PREME NO CURSO NO QUE ESTÁS HOXE PARA DECIDIR SOBRE O QUE VÉN.