Ensinanzas de idiomas

As ensinanzas de idiomas de réxime especial teñen a finalidade de capacitar ao alumnado para o uso axeitado dos idiomas, fóra do réxime ordinario do sistema educativo, e facilitarlle o desenvolvemento da capacidade de adquirir, actualizar, completar e ampliar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras, ao longo da vida, para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

As escolas oficiais de idiomas son os centros docentes públicos para a aprendizaxe e a práctica de idiomas. Foméntase especialmente o estudo das linguas oficiais dos Estados membros da Unión Europea, das linguas cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira. Así mesmo, facilítase o estudo doutras linguas que, por razóns culturais, sociais, económicas ou de oportunidade resulten de especial interese, como o árabe, o chinés, ou o xaponés.

Niveis: as ensinanzas de idiomas ofrécense a diversos niveis de competencia básico, intermedio e avanzado que se corresponden, respectivamente, cos niveis A, B e C do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), que se subdividen, pola súa vez, nos niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2.

Acceso: Con carácter xeral, para acceder ás ensinanzas de idiomas de réxime especial será requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos. Tamén poderán acceder os maiores de catorce anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na Educación Secundaria Obrigatoria como primeira lingua estranxeira.

O acceso a cada nivel farase unha vez superado ou acreditado o nivel inmediatamente anterior.

Oferta educativa en Galicia: información dos idiomas ofertados en cada unha das Escolas Oficiais de Idiomas e as correspondentes seccións dependentes de cada unha delas.

Outros enlaces de interese:

Educaweb: Orientación académica. Aprender idiomas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s