As ensinanzas de réxime especial caracterízanse por unha organización diferente ás ensinanzas de réxime xeral e, en moitas delas débese superar unha proba de aptitudes.
Neste apartado presentamos as Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño que comprenden:
-
Ciclos de grao medio e superior de Formación Profesional de Artes Plásticas e Deseño
- Estudos superiores (grao) de Deseño, Vidro e Cerámica.
Comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos e diversas modalidades de deseño. As ensinanzas profesionais organízanse en ciclos de formación específica, que incluirán fases de formación práctica en empresas, estudos e talleres.