A educación de persoas adultas fai posible que estas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos para o desenvolvemento persoal e profesional.
Pódese estudar dende o nivel máis elemental (as ensinanzas básicas iniciais) ata o bacharelato:
- Ensinanzas básicas iniciais: equivalen á educación primaria para persoas adultas. Están destinadas a aquelas persoas que deben recordar as técnicas básicas da lectoescritura e das habilidades numéricas.
- Educación secundaria para persoas adultas: conducen á obtención do título de graduado en secundaria. Dependendo dos estudos previos que realizara a persoa interesada, poden cursarse en dous ou nun curso escolar.
- Bacharelato: conducen á obtención do título de bacharel, cunha organización e metodoloxía específica para as persoas adultas.
- Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas.
- Galego e castelán para persoas inmigrantes.
Tanto a educación secundaria como o bacharelato poden cursarse polas modalidades presencial e a distancia.
Existe unha ampla rede de centros que imparten ensinanzas para persoas adultas nas catro provincias da Comunidade Autónoma: centros específicos que imparten exclusivamente estas ensinanzas e institutos de educación secundaria. A lista completa pode consultarse nesta ligazón.