Formación Profesional

Que é?
É unha etapa da educación secundaria, non obrigatoria, que ten como finalidade capacitar ao alumnado para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.
Cando non existan prazas suficientes seleccionarase ao alumnado en función da nota media do expediente académico da titulación que dea acceso ou, se é o caso, da nota final das probas de acceso á formación profesional.

Como se organiza?
Organízase en familias profesionais que comprenden un conxunto de Ciclos Formativos de Grao Medio (CM) e Grao Superior (CS) de formación teórico-práctica. A duración está entre 1300 e 2000 horas de formación (equivalen a 1 ou 2 cursos académicos), que se reparten entre o centro educativo e o centro de traballo.

Que materias hai que cursar?
As materias da Formación Profesional denomínanse módulos e teñen unha duración variable. Pódense agrupar en:
• Módulos profesionaisnos que se traballan competencias, coñecementos e habilidades relacionadas co ciclo a cursar.
• Módulo de Formación e Orientación Laboral, que facilita a inserción no mundo laboral, con contidos relacionados coa lexislación laboral, as técnicas de busca de emprego, a prevención de riscos laborais…
• Módulo de empresa e iniciativa emprendedora, dirixido a fomentar a iniciativa emprendedora, a innovación e a creatividade na empresa.
• Módulo de Formaciónen Centros de Traballo (FCT), que se realiza unha vez cursados os módulos anteriores, permite complementar as competencias profesionais en contacto directo co mundo das empresas e co mercado laboral.
• Módulo de proxecto (para ciclos formativos de grao superior).

Que titulación e saídas proporciona?
• OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: Título de TÉCNICO, que garantiza unha cualificación profesional para o desempeño dunha profesión. Dá acceso a:
 Bacharelato.
 Mundo laboral.
 Ciclo Formativo de Grao Superior realizando unha proba de acceso (con 18 anos cumpridos no ano natural no que se realiza a proba, sempre que queira acceder a unha familia profesional incluída na opción á que opta; se non con 19).
 Oposicións á función pública. Grupo C1.

• OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR: Título de TÉCNICO SUPERIOR, que garantiza unha formación para traballar como autónomo/a ou como asalariado/a dirixindo equipos humanos formados por traballadores/as de inferior nivel de cualificación. Dá acceso a:
 Estudos universitarios. Validación por créditos universitarios.
 Mundo laboral.
 Oposicións á función pública. Grupo B.

Validación de módulos profesionais
Coa validación dáse por superada un parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. No seguinte enlace, o alumnado de formación profesional atopará información relativa ao proceso de validación de módulos profesionais. Para máis información, tamén podedes dirixirvos ao departamento de orientación dos vosos centros.

@Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s