Arquivo da categoría: Sin categoría

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

Obxecto dos premios:

Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia.

A dotación para os premios non poderá exceder os 850 € por premio.

O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción e farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Estes premios extraordinarios de formación profesional de grao superior son compatibles con calquera outro premio. O alumnado premiado poderá concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Requisitos das persoas solicitantes:

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2018/19 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e que rematou os seus estudos no ano 2019.

2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes (anexos I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Comezará o día 9 de xullo de 2020 e rematará o día 10 de agosto de 2020.

Máis información.

Información do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Dende o Centro Superior de hostelería de Galicia (CSHG) infórmannos que as probas de acceso para os canditatos/as a estudar algunha das titulacións do CSHG foron trasladas a un formato online e agora pódense facer calquera día da semana.

O proceso é similar ao anterior, só hai que cumprimetar unha preinscipción na web no seguinte enlace.

Pódese elexir cualquera día da semana ata agosto. O horario das probas é de 9 a 14.00 horas.

Ademáis se queredes coñecer en detalle o centro e a súa oferta educativa, organizan xornadas de portas abertas tanto personalizadas coma a grupos e colexios. Para iso só tedes que enviar un correo electrónico a info@cshg.es para pechar unha cita.

Xornadas da Universidade de Vigo

Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a Universidade de Vigo ten deseñadas unha serie de accións específicas entre as que cabe destacar a celebración de dúas xornadas con acceso libre a través da ligazón e a clave de acceso indicadas, dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou ciclos superiores de FP. Trátase da Xornada de Orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00h e as 19:30 h e da Xornada de Portas Abertas Virtual do día 14 de maio de 11:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h. No espazo da web #ConectaCoaUVigo podedes consultar a información polo miúdo destas e outras actividades.

Ademáis destas accións, a Universidade de Vigo tamén pon en marcha unhas sesións semanais, nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE (Sección de Información ao Estudante) a través de vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula. As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.

Encontros virtuais da USC.

A pesar da situación de confinamento na que nos encontramos, dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

Máis información.

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Convócanxe axudas para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM durante o ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO, durante o curso 2019/2020, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.

c) Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

f) Estar en posesión do DNI ou pasaporte.

SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña» e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de presentación presencial, esta aplicación «en liña» xera un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar debidamente. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 13 de abril de 2020.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONVOCADAS: As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

Quenda

Lugar

Datas

Idioma

Nº de alumnos/as

Curso

CDR A Coruña

16-22 de agosto de 2020

Inglés

100

3º ESO

CDR A Coruña

23-29 de agosto de 2020

Inglés

100

4º ESO

Máis información .

Probas para a obtención de certificados de lingua galega (CELGA).

Convócanse probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.

DESTINATARIAS: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2020. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

LUGARES: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

Celga 2

Celga 3

Celga 4

As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO: As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

O prazo de presentación das solicitudes así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame vai do 13 de marzo ata o 3 de abril de 2020.

Máis información.

Actividades de formación en linguas estranxeiras.

Convócanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

Requisitos:

  1. Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de Bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

  3. Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  4. Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

  5. Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

  6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

  7. Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

Solicitudes, presentación e prazo:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo estará aberto do 27 de febreiro ata o 26 de marzo (ambos incluídos).

Máis información.

UNIFERIA. Feira virtual das universidades españolas.

Crue Universidades Españolas pon en marcha a segunda feira virtual, denominada UNIferia, para axudar ao estudantado que este ano decidirá o seu futuro académico.

Esta segunda edición de UNIferia terá lugar entre os días 17 ao 28 de febreiro de 2020 e reunirá a 54 universidades españolas que informarán online e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica de Grao, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores.

A través dunha plataforma virtual, os futuros e as futuras universitarios e universitarias poderán vencer as fronteiras xeográficas e temporais, informarse e interactuar cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes, cun formato moderno e accesible.

Máis información.

Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional para o ano 2020.

GRAO MEDIO.

Requisitos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio ( artigo 6 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas):

1. Para acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:

a) Título de ESO (LOE ou LOXSE).

b) Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE).

c) Título de técnico auxiliar.

d) 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.

e) 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM.

f) Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.

g) Título profesional básico.

h) Módulos obrigatorios dun PCPI.

j) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

2. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional as persoas que superasen:

a) O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.

b) A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño.

Inscrición.

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/2020. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/20. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «ciclosprobas», que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Realización da proba.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 28 de maio de 2020 no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Cualificacións.

A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 10 de xuño.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 10 ata o día 15 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición.

A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 22 de xuño.

GRAO SUPERIOR.

Requisitos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior son os seguintes (artigo 7 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas):

1. Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requirirase estar en posesión dalgún dos seguintes requisitos:

a) Título universitario.

b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.

c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.

d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.

e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.

f) BUP.

g) Título de técnico.

h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.

2. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Inscrición.

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/2020. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro 2020, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019/20. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «ciclosprobas», que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Realización da proba. APRAZADA POLO COVID-19.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 23 de abril de 2020 no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder)

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Cualificacións.

A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 11 de maio.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 12 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 1 de xuño.

Máis Información.

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020.

  2. Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.

  3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/2020.

Forma, lugar e prazo de presentación.

  1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.

  2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros sinalados no apartado 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
    1. Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

    2. IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.

    3. Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.

    4. Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.

    5. Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.

    6. Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
  1. Celebración da proba: o 24 de abril de 2020 no IES San Clemente de Santiago de Compostela. APRAZADA POLO COVID-19.

Máis información.