Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.
O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 24 de xuño e o día 8 de xullo de 2020.
Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo ao efecto.
Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:
Modalidade |
Centros |
Fútbol |
IES Sánchez Cantón (Pontevedra) IES Universidade Laboral (Culleredo) |
Fútbol sala |
CIFP A Farixa (Ourense) |
Baloncesto |
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) |
Balonmán |
IES Sánchez Cantón (Pontevedra) |
Atletismo |
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) IES As Barxas (Moaña) |
Vela |
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) |
Hípica |
IES Val do Tea (Pontevedra) IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) |
A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 13 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente e os motivos de exclusión.
Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 15 de xullo.
A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 20 de xullo nos taboleiros
de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal.
As probas de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a continuación:
-
Proba de madureza de grao medio: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
-
Proba de madureza de grao superior: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:
-
Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas.
-
Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
-
Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 10.00 horas.
-
Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.
-
Na modalidade de Vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.
-
Nas disciplinas Hípicas de Doma, Salto e Concurso completo terá lugar no centro autorizado CEMAR de Mondariz-Balneario en Pontevedra, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.
-
Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 17 de setembro, ás 10.00 horas.