Arquivo da categoría: Residencias

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís para o curso 2020/2021.

Establécense as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Número de prazas

Lugo

Centro residencial xuvenil LUG

74 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 home/muller

Vigo

Altamar

87 home/muller

Requisitos xerais:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude.

  • Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

  • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 do ano da presente convocatoria.

Requisitos específicos para a mocidade estudante:

  • Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.

  • Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Solicitude:

As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios están obrigadas a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I

Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria (do 22/07/2020 ata o 21/08/2020).

Condicións económicas :

a) Cuarto dobre: 324 € por residente e mes.

b) Cuarto cuádruplo: 250 € por residente e mes.

Servizos ofertados :

Ademais dos servizos de aloxamento e mantenza, as residencias xuvenís ofrecen con carácter xeral os seguintes:

  • Aula de estudo-biblioteca.

  • Salas de xogos.

  • Televisión e vídeo.

  • Actividades culturais e deportivas.

  • Información aos pais e/ou ás nais ou ás persoas que sexan titoras legais sobre o comportamento do seu fillo ou da súa filla, cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten ou cando a dirección da residencia o considere necesario.

Máis información.

Convocatoria de prazas de residencia nos Centros residenciais docentes. Curso académico 2020/2021.

Publicada a convocatoria que regula o procedemento para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2020/2021 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2020/2021.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 430/2019, do 12 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/20.

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 565,87 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.

d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

2. O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

Máis información.

Páxinas web dos centros residenciais.