Este artigo irase actualizando en función das decisións que vaian adoptando as autoridades competentes. A continuación detállase o fío de instruccións e documentos publicados referidos ao ámbito educativo, no contexto do COVID-19:
-
Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020.
-
O 24/05/2020 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia novas datas para a celebración das probas de acceso a grao medio e grao superior.
-
O venres 22/05/2020 a Consellería publica a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial.
- O xoves 14/05/2020 a Consellería de Educación anuncia que o alumnado dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medios e superiores de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio.
- Publicación da Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. No que afecta ao sistema educativo, establécense os seguintes acordos:
-
restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
-
Modificación das instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.
-
Levantamento da suspensión da formación en centros de traballo correspondente aos estudos de formación profesional.
-
-
O martes 28/04/2020 a CIUG publica os modelos de exame para a ABAU 2020.
-
Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.
-
Anuncio do aprazamento do proceso de admisión ás probas libres para a obtención dos títulos de FP no curso académico 2019/2020.
-
O luns 13/04/2020 anúnciase o aprazamento da proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, prevista para o 24 de abril.
-
O xoves 2/04/2020 anúnciase o aprazamento da celebración da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.
-
O luns 30/03/2020 a Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo.
-
O mércores 24/03/2020 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o consenso alcanzado entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as diferentes comunidades autónomas para manter o calendario escolar e aprazar a ABAU.
-
consensuouse que as datas da ABAU para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
-
Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
-
-
No punto sétimo da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.