Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio. Seguir lendo Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Arquivo da categoría: Bacharelato
Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020/2021.
CONVOCATORIA: Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2020/2021, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional. Seguir lendo Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020/2021.
Premios extraordinarios de bacharelato.
Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios, dotados con 1.000 € cada un e compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademáis da contía económica, un diploma acreditativo e o seu expediente académico recollerá tal distinción, poderá concorrer ao correspondente premio nacional, e poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.
Requisitos de participación
-
Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
-
Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo e forma de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes é do día 23 de xullo ao 24 de agosto de 2020.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Realización da proba para a obtención do premio
O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https:// www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba. A proba estruturarase en dúas partes:
-
Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:
-
Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
-
Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
-
-
Segunda parte, para desenvolver nunha hora: desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da arte II.
Acceso ás ensinanzas universitarias
Publicadas na páxina da CIUG, as notas de corte do curso actual e a táboa de ponderacións para o alumnado de ABAU 2018/2019.