Este concurso ten por obxecto potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. Seguir lendo Concurso Eduemprende Idea 2021.
Todalas entradas de blogueorientagal
Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Obxecto dos premios:
Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia.
A dotación para os premios non poderá exceder os 850 € por premio.
O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción e farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
Estes premios extraordinarios de formación profesional de grao superior son compatibles con calquera outro premio. O alumnado premiado poderá concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior. Seguir lendo Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Probas para a obtención de certificados de lingua galega (CELGA).
Convócanse probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021. Seguir lendo Probas para a obtención de certificados de lingua galega (CELGA).
Acceso aos estudos de Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Suspendida a convocatoria das probas físicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o Curso 2021/22.
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio. Seguir lendo Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2021.
Condicións das persoas aspirantes.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
-
Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
-
Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
-
Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/2021 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
-
O alumnado matriculado durante o curso 2020/2021 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
-
-
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
-
Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
-
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas. Seguir lendo Probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional para o ano 2021.
GRAO MEDIO.
Requisitos.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio ( artigo 6 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas): Seguir lendo Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional para o ano 2021.
Convocatoria de cursos de lingua galega (Celga).
Convócanse, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, na modalidade presencial para os niveis Celga 3 e 4; e na modalidade en liña para os niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Seguir lendo Convocatoria de cursos de lingua galega (Celga).
Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020/2021.
CONVOCATORIA: Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2020/2021, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional. Seguir lendo Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020/2021.
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
CONVOCATORIA. Convócanse para o curso académico 2020/2021, as seguintes axudas:
-
Axudas directas para os alumnos incluíndo aos afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior e que requiran estes apoios e atencións educativas específicas.
-
Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior.
-
Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Seguir lendo Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo