Convócanse probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.
DESTINATARIAS: persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
LUGARES: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Localidade |
Nivel |
|||
Santiago de Compostela |
Celga 1 |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Ponferrada |
– |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO: As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación das solicitudes así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame vai do 18 de marzo ata o 12 de abril de 2021.