Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2020/2021.

CONVOCATORIA: Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2020/2021, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional.

BENEFICIARIOS: poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas dos seguintes ensinos:

  • Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:
    • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

    • Ensinanzas artísticas profesionais.

    • Ensinanzas deportivas.

    • Ensinanzas artísticas superiores.

    • Estudios relixiosos superiores.

    • Estudios de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

    • Formación Profesional Básica.

  • Ensinanzas universitarias.

SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

O prazo estenderase ata o 1 de outubro de 2020, inclusive, para os estudantes non universitarios.

Máis información.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s