Premios extraordinarios de bacharelato.

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios, dotados con 1.000 € cada un e compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademáis da contía económica, un diploma acreditativo e o seu expediente académico recollerá tal distinción, poderá concorrer ao correspondente premio nacional, e poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos de participación

  1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

  2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo e forma de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes é do día 23 de xullo ao 24 de agosto de 2020.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Realización da proba para a obtención do premio

O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https:// www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba. A proba estruturarase en dúas partes:

  1. Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:

    1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.

    2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

  2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora: desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da arte II.

Máis información.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s