Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 24 de xuño e o día 8 de xullo de 2020.

Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo ao efecto.

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

Hípica

IES Val do Tea (Pontevedra)

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 13 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente e os motivos de exclusión.

Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 15 de xullo.

A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 20 de xullo nos taboleiros

de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal.

As probas de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a continuación:

  • Proba de madureza de grao medio: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

  • Proba de madureza de grao superior: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

  • Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

  • Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

  • Nas disciplinas Hípicas de Doma, Salto e Concurso completo terá lugar no centro autorizado CEMAR de Mondariz-Balneario en Pontevedra, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 17 de setembro, ás 10.00 horas.

Máis información.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s