Este concurso ten por obxecto potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
Requisitos de participación:
1. Estar matriculado no curso 2019/2020 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios.
Modalidades e características dos premios: premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación Universidade e Formación Profesional.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio:
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (data de publicación: 2 de xuño).
2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal