Información de interese a ter en conta como consecuencia da situación creada polo COVID-19.

Este artigo irase actualizando en función das decisións que vaian adoptando as autoridades competentes. A continuación detállase o fío de instruccións e documentos publicados referidos ao ámbito educativo, no contexto do COVID-19:

  • Publicación da Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. No que afecta ao sistema educativo, establécense os seguintes acordos:
    • restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

    • Modificación das instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.

    • Levantamento da suspensión da formación en centros de traballo correspondente aos estudos de formación profesional.

  • O martes 28/04/2020 a CIUG publica os modelos de exame para a ABAU 2020.

  • Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

  • Anuncio do aprazamento do proceso de admisión ás probas libres para a obtención dos títulos de FP no curso académico 2019/2020.

  • O luns 13/04/2020 anúnciase o aprazamento da proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, prevista para o 24 de abril.

  • O xoves 2/04/2020 anúnciase o aprazamento da celebración da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

  • O luns 30/03/2020 a Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo.

  • O mércores 24/03/2020 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anuncia o consenso alcanzado entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as diferentes comunidades autónomas para manter o calendario escolar e aprazar a ABAU.

    • consensuouse que as datas da ABAU para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

    • Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

  • No punto sétimo da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Máis información.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s